Transporte
Dende o CPR Plurilingüe San Fermín ofertamos o servizo de transporte escolar. Coa colaboración da empresa Autocares Benito Abalo, habilitamos dúas rutas (Cesures e Vilagarcía de Arousa) para que tódolos alumnos que o desexen poidan acudir ó noso centro.
RUTAS E PARADAS | |
Cesures | Vilagarcía de Arousa |
Cordeiro-Ferreirós | Igrexa parroquial |
Fábrica de Ormadisa | Gasolinera Vilagarcía |
Bar Couceiro | As Carolinas |
Bar Gina | Vilanoviña en Bar Samuel |
Lugar A Charca | Cruce de A Goulla |
Porta Raxoi | Romai (A Costa) |
Plazuela de Cesures | Romai (Tele Club) |
Casa Castaño | |
Ferretería As Rías | |
Redondo | |
Parada de taxis de Valga | |
Medela - Entrada a Xanza | |
Carracedo (panadería) |
Se o desexa pode descargar en formato PDF o formulario de solicitude de dito servizo, así como un resumo coas rutas e as normas de necesario cumplimento para o correcto funcionamento do transporte escolar. A continuación enumeramos algún dos puntos máis salientables de dito regulamento:
Referente ós alumnos:
- Deberán aportar unha autorización escrita polos pais nos casos excepcionais en que non usen o servizo ó finalizar a xornada lectiva.
- Terán que levar o carné de transporte dado pola empresa.
- Deberán manter un comportamento adecuado.
- Non está permitido comer nos autobuses.
Referente ás familias:
- Deberán avisar en caso de non facer uso do servizo.
- Responsabilizaranse do coidado dos seus fillos/as ata que accedan ó autobús ou dende que baixan.
- Deberán asumir os gastos dos danos materiais causados polos seus fillos/as.