Auxiliar de conversación
A lingua é un elemento inherente á identidade cultural. Coñecer outras linguas significa aprender a compartir coñecementos, sentimentos e opinións en situacións nas que rexen pautas de comportamento lingüístico e social diferentes das propias. Así, dende o CPR Plurilingüe San Fermín apostamos pola incorporación dun auxiliar de conversación dentro da nosa plantilla.
A presenza do auxiliar de conversación na aula constitúe unha extraordinaria oportunidade para o alumnado e para toda a comunidade educativa en xeral, pois complementa moi positivamente o labor do profesor titular na medida en que, traballando conxuntamente poden tratar de forma simultánea todas as destrezas: comprensión, listening, writing e speaking; aumentando así as capacidades de comunicación e o coñecemento máis profundo da cultura inglesa.
Neste sentido, farase fincapé dende o inicio do curso que, nas clases onde o auxiliar estea presente, a lingua vehicular sexa o inglés, evitando a utilización da lingua materna do alumnado, agás cando sexa imprescindible.
A metodoloxía seguida nas clases apoiadas polo titular de conversación non será teórica, senon máis ben lúdica e próxima á vida cotiá. Para iso introduciranse actividades como as seguintes:
- Xogos
- Noticias
- Impresos ou formularios
- Cancións
- Fotografías, presentacións, cómics, debuxos,...
- Películas
- Carteis
Modalidades de traballo na aula:
- Auxiliar e profesor traballan xuntos na aula: ideal para atender distintos grupos de traballo de exercicios ou conversa.
- División da clase en dúas partes: unha primeira metade impartida polo profesor titular que explica os conceptos gramaticais do idioma, mentres que a segunda parte destínase a practicar nunha conversa ditos contidos aprendidos previamente, sendo esta segunda parte onde o traballo do auxiliar pode significar unha mellora cualitativa.
- Grupos reducidos de conversa: o auxiliar, nunha aula diferente, mantén unha conversa de 10 ou 15 minutos con grupos de alumnos moi reducidos (3 ou 4 alumnos/as) que van saíndo paulatinamente da aula principal.
- Grupos reducidos: o auxiliar realiza o seu traballo nunha aula diferenciada cun grupo de alumnos reducido. Esta opción utilizarase tanto para actividades de reforzo como de ampliación da materia.
Número de alumnos beneficiarios deste servizo: