• Galego
  • Español
Inicio >> Padres Somascos >> San Xerome Emiliani

San Xerome Emiliani

San Xerome Emiliani nace en 1486, no seo dunha nobre familia veneciana. En 1531 decide abandoar todo para adicarse a unha misión moi especial: a de compartir a súa sorte cos pobres e vivir cos orfos.

En plena reforma católica, formouse espiritualmente baixo o influxo da Cofradía do Divino Amor e de persoas da dimensión de San Cayetano Thiene (fundador dos teatinos) ou Gian Pietro Carafa, que sería despois Pablo IV. Ó pouco tempo, destaca entre os cofrades do Divino Amor, en Venecia, como un destro organizador de obras de caridade. Por dito motivo, varios bispos de Lombardía pídenlle que reorganice nas súas dióceses as actividades caritativas. 

Arredor del xorde un numeroso grupo de colaboradores e nace así, a Compañía dos Servidores dos Pobres, hoxe chamados Padres Somascos.

Falece en Somasca (norte de Italia) o 8 de febreiro de 1537, vencido pola peste contraída asistindo ós enfermos, durante unha das moitas epidemias que asolaron o Val de San Martín.

En 1928 (exactamente o 14 de marzo) o Papa Pío XI proclama a San Xerome Emiliani como "Patrono universal dos orfos e da xuventude abandoada", título que, ademais de recoñer a xenialidade da súa obra, atribúelle a responsabilidade de interceder ante Deus, a nivel mundial, polos máis cativos e máis pobres do mundo: a infancia sen familia.