• Galego
  • Español
Inicio >> Padres Somascos >> A Congregación

A Congregación

Nos seus primeiros ano, a Congregación Somasca adicouse case exclusivamente ó coidado dos orfos, acadando neste campo unha verdadeira especialización.

Foi San Pío V quen concedeu ós Pobres de Somasca o rango de Orde Relixiosa, o 6 de decembro de 1568. Esta nova situación xurídica provocou un cuantioso desenrolo na Congregación: xurdiron as obras de Piacenza, Siena, Alessandria, Napoli, Macerata e Lodi.

Ademais, a experiencia dos Padres Somascos no campo da formación, fixo que lles fose encomendada a xestión dos novos seminarios, recentemente instituidos polo Concilio de Trento, e axudaron a moitos bispos a pór en marcha ditas institucións. Máis tarde viñeron os colexios: o Colexio Gallio, de Como, en 1583 (hoxe en día o colexio relixioso máis antigo de Europa), e o famoso Colexio Clementino de Roma, en 1595. A pesar de certa oposición, tamén se abriron algunhas escolas públicas. A actividade docente supuxo un campo importante para a Congregación durante o século XV, chegando a ocuparse dela case a metade das casas.

En 1650 os Padres Somascos eran 486, entre os cales, 147 eran hermanos legos e 41, agregados; estes emitían votos privados e vivían en comunidade, exactamente igual que os relixiosos.

A apertura ó mundo da Orde Somasca (despois de catrocentos anos de servizo á Igrexa italiana) é moi recente: prodúcese coa chegada dos primeiros fillos de San Xerome ó continente americano, concretamente a El Salvador, en 1921. Dende entón, os Padres Somascos extendéronse por 15 países de tres continentes: Europa, América e Asia.