• Galego
  • Español
Inicio >> Modelo Educativo >> Ideario de centro

Ideario de centro

CPR Plurilingüe San Fermín de Caldas de Reis é un centro católico pertencente á congregación dos Padres Somascos, fundados por San Xerome Emiliani.

Para a consecución dos fins educativos apoiámonos na colaboración de tódolos compoñentes da Comunidade Educativa:

  • Entidade titular: Padres Somascos.
  • Profesores.
  • Alumnado.
  • Persoal non docente.
  • Nais e pais.
  • Equipo de orientación.

 

Fisionomía do noso centro:

  • Acolledor: o ambiente sinxelo e aberto fai que o alumno/a considere o colexio como unha prolongación da súa propia casa.
  • Centro de estudos: ofrece unha sólida preparación intelectual.
  • Promove os talentos persoais a través das diversas actividades complementarias e extraescolares.
  • Fomenta as relacións interpersoais alimentadas polo diálogo, a comprensión e a amabilidade.
  • Potencia a esixencia persoal no cumprimento das propias obligacións do alumno/a.
  • Favorece a vivencia cristiá, desenrolando programas de catequese e de profundización na fe. Organiza grupos de convivencia e prepara ós novos con espírito de apostolado evanxélico.

 

Procuramos que os nosos alumnos se eduquen:

  • Na libertade, con capacidade de tomar responsablemente decisións na súa vida, no respecto ós demais.
  • Na harmonía, cun equilibrio físico, psíquico, intelectual e espiritual.
  • Nos valores familiares, amor á vida, entrega recíproca, confianza no futuro.
  • No espírito social, proxecto de vida de amplos horizontes, máis alá do egoísmo persoal; abertos a un mundo de amizade sen fronteiras.
  • Na dimensión evanxélica, valor espiritual da vida dun home e a súa proxección cara a Deus.

 

Mediante a práctica dos seguintes valores:

  • Actitude de amor, entrega e respecto.
  • Vida de fe.
  • Compromiso de traballo.
  • Formación integral da persoa:

          - Educación para a liberdade e a responsabilidade.
          - Capacitación para as tarefas familiares, sociais e políticas.
          - Construción para la convivencia nun mundo máis fraternal.

  • Promoción de actividades.
  • Anuncio da mensaxe evanxélica.
  • Vida litúrxica e sacramental.