Centro plurilingüe
Dende o curso 2015-2016, o CPR Plurilingüe San Fermín de Caldas de Reis pasou a formar parte da rede de centros plurilingües de Galicia, polo que a lingua inglesa utilízase como lingua vehicular á hora de impartir diferentes materias. A distribución das materias impartidas en inglés é a seguinte:
- No primero curso de Educación Primaria impártese a materia de Música en inglés.
- No primero curso da ESO impártese Educación Física en inglés.
No resto de cursos e niveis, a presenza da lingua inglesa queda organizada do seguinte xeito:
- Educación infantil: ensino da área de música en lingua inglesa.
- Educación primaria: seccións bilingües nos cursos de 2º, 3º e 4º, impartindo Plástica en inglés.
- Auxiliar de conversación en lingua inglesa en todolos cursos e niveis, cunha carga horaria dunha sesión semanal en cada un dos grupos.
Ademais, neste curso lectivo, levaráse a cabo unha inmersión lingüística dos alumnos de 1º, 2º e 3º ESO na localidade de Exmouth, en Inglaterra.
Todos estes cambios teñen como obxectivo mellorar o rendemento escolar dos alumnos e alumnas, perfeccionar a expresión oral e potenciar o uso da lingua inglesa nas situacións de vida cotiás de cara a unha formación máis completa e plurilingüe.
Planificación da extensión do plurilingüismo nos seguintes anos académicos: