• Galego
  • Español
Inicio >> Erasmus Plus

F.C.T. (Formación en Centros de Traballo)

A realizar dentro ou fora de Galicia, ou ben no estranxeiro.

Con carácter xeral o período de prácticas en empresas realizase no derradeiro trimestre do segundo curso nos tres ciclos formativos medios que se imparten no centro. Tamén poden realizarse de setembro a decembro ou de xaneiro a marzo cando os alumnos tiveran que recuperar módulos pendentes.

Este módulo profesional permite completar a adquisición de competencias profesionais propias de cada título, adquirir a madurez que permita adaptarse aos cambios das necesidades de cualificación, completar coñecementos relacionados coa profesión, facilitar a inserción laboral e tamén avaliar e acreditar os aspectos máis relevantes da profesión.

As prácticas poden realizarse en España ou no estranxeiro. As empresas colaborarán para que o alumno acade a consecución dos obxectivos establecidos para este módulo no currículo do ciclo mediante as actividades formativas establecidas no plan individualizado.  

Axudas económicas

A Xunta de Galicia concede cada ano unha contía económica para o alumnado que cumpra os requisitos establecidos na convocatoria. O mesmo sucede no caso de que se fagan prácticas no estranxeiro mediante un programa Erasmus+. Neste caso a axuda provén de fondos europeos.

Dende este curso 2017-18, o CPR Plurilingüe San Fermín – PP. Somascos forma parte dun Consorcio da Deputación de Pontevedra que participa no Proxecto “Practicum Depo 2018”, xunto con outros 36 centros educativos da provincia. Este proxecto enmárcase dentro do programa ERASMUS+, e o obxectivo é ofrecer a posibilidade aos nosos alumnos e alumnas dos ciclos formativos de traballar nunha empresa europea ata un máximo de 6 meses, unha vez rematadas as FCT no 2º curso e dentro do ano seguinte á obtención do título. A cuantía das bolsas oscilan dependendo do país de destino que poden ser prácticamente calquera dos da UE. Os requisitos para poder participar son os seguintes:

-       Ter rematado e aprobado un Ciclo Medio

-       Ter un coñecemento acreditado da lingua do país de destino

Tamén ofrécese aos alumnos a posibilidade de realizar as FCT no estranxeiro dentro da convocatoria de mobilidade para o alumnado do proxecto Erasmus+, para o que deben solicitalo nos meses de outubro-novembro no inicio de cada curso.

SOLICITUDE INCLUSIÓN NA BOLSA ERASMUS+ CICLOS FORMATIVOS MEDIOS

LISTADO ALUMNADO ADMITIDO E SUPLENTE 1ª MOBILIDADE PROXECTO "PRACTICUM DEPO2018"

EMPRESAS COLABORADORAS NA REALIZACIÓN DAS FCTs