• Galego
  • Español
Inicio >> Colexio >> Presentación

Presentación

O CPR Plurilingüe San Fermín dos Padres Somascos en Caldas de Reis é un centro de educación concertado de carácter católico. En consecuencia, o ensino que ofrecemos xira arredor dos valores cristiáns, como son a humildade, o traballo ou o respeto.

Impartimos o ensino nos niveis: Escola infantil, 2º Ciclo de Educación Infantil, Primaria, ESO e Ciclos Formativos de Grao Medio.

Coa finalidade de proporcionar unha educación innovadora e de calidade, participamos en diferentes proxectos, entre os que destacan:

  • Plurilingüismo: as linguas vehiculares utilizadas para impartir as diferentes materias son o galego, o castelán e o inglés.
  • Abalar: apostamos pola dixitalización do noso centro, tanto en dispositivos tecnolóxicos como en contidos.
  • E-dixgal: implantación do libro electrónico nas aulas, medida que, ademais de favorecer novas formas de aprendizaxe, reduce de forma substancial os custos de material escolar.
  • DAFIS (Datos sobre a Valoración da Condición Física Saudable): integrado no "Plan Galicia Saudable", permítenos medir aquelas cualidades físicas e psicomotoras que está demostrado científicamente que gardan relación coa saúde e, posteriormente, coñecer en que estado físico se atopa a persoa, para decidir cales son os aspectos que necesitan melloras e cales non.

Ademais, como centro católico que somos, ofrecemos diferentes actividades de carácter relixioso, adaptádoas ás distintas idades.