Educación infantil
Na etapa de Educación Infantil do CPR San Fermín realizamos diversas actividades ca fin de acadar unha aprendizaxe completa e integral da maneira máis lúdica posible. Ditas accións pedagóxicas realízanse en diferentes espazos ó longo do curso:
Aula:
- Actividades lingüísticas: poesías, adiviñas, contos (interpretación e representación), trabalinguas...
- Bailes (moderno, salsa, merengue, chachachá)
- Ritmo e percusión con instrumentos musicais e obxectos da aula
- Educación musical básica (notas, figuras musicais...)
- Desenvolvemento do medio: experimentación e manipulación, power point, fichas...
- Autonomía persoal: vestirse e desvestirse, ir só ó baño, encargados de distintas tarefas na aula...
Aula de psicomotricidade:
- Exercicios dirixidos
- Exercicios libres
Aulas de audiovisuais ou informática:
- Lectoescritura (crucigramas, formar palabras con sílabas ou letras soltas, unir debuxos co seu nome...)
- Lóxica matemática: sudokus, formar debuxos con figuras xeométricas, seriacións, regletas (sumas, restas...), simetrías...
- Inglés: unir debuxos co seu son, ordenar viñetas de contos escoitando o relato, cancións...
Información publicada
|
|
|
|
|