• Galego
  • Español
Inicio >> Aula >> Infantil

Educación infantil

Na etapa de Educación Infantil do CPR San Fermín realizamos diversas actividades ca fin de acadar unha aprendizaxe completa e integral da maneira máis lúdica posible. Ditas accións pedagóxicas realízanse en diferentes espazos ó longo do curso:

Aula:

  • Actividades lingüísticas: poesías, adiviñas, contos (interpretación e representación), trabalinguas...
  • Bailes (moderno, salsa, merengue, chachachá)
  • Ritmo e percusión con instrumentos musicais e obxectos da aula
  • Educación musical básica (notas, figuras musicais...)
  • Desenvolvemento do medio: experimentación e manipulación, power point, fichas...
  • Autonomía persoal: vestirse e desvestirse, ir só ó baño, encargados de distintas tarefas na aula...

Aula de psicomotricidade:

  • Exercicios dirixidos
  • Exercicios libres

Aulas de audiovisuais ou informática:

  • Lectoescritura (crucigramas, formar palabras con sílabas ou letras soltas, unir debuxos co seu nome...)
  • Lóxica matemática: sudokus, formar debuxos con figuras xeométricas, seriacións, regletas (sumas, restas...), simetrías...
  • Inglés: unir debuxos co seu son, ordenar viñetas de contos escoitando o relato, cancións...

 

 

Información publicada

Páxinas