• Galego
  • Español
Inicio >> Aula >> Escola infantil

Escola infantil

No ano 2002 abre a Escola Infantil San Fermín cunha autorización dunha aula de 2 anos co fin de comezar os primeiros pasos na educación dos nenos e nenas.

Os primeiros anos da vida do neno/a poñen as bases para a súa aprendizaxe e desenrolo persoal. Este período está moi marcado por unha serie de cambios no entorno no que vive. Existen moitas desigualdades sociais, culturais, xeográficas e económicas; por iso dende a nosa escola axudamos a compensar todo tipo de desigualdades. Tamén é importante que favoreza a integración de nenos e nenas dende a perspectiva da interculturalidade para potenciar a adquisición de hábitos de comprensión e respecto.

Por outra banda, no primeiro ciclo da Educación Infantil os nenos/as dependen inicialmente dos adultos (na nosa escola, as profesoras) e, en pouco tempo vanse convertendo en persoas autónomas: xa saben onde están as súas cousas, recollen e poñen todo no seu sitio, controlan as cousas e os símbolos dos outros compañeiros...

Outra das cousas importantes nesta etapa é que os nenos/as comezan a vivir dentro dun grupo, xa non son eles os únicos protagonistas, hai máis nenos cos que aprenden a convivir e a compartir. A acción educativa nesta etapa diríxese a que o neno/a empece a coñecer primeiro o seu propio corpo e a controlalo utilizando as súas posibilidades nos xogos, diversións e en situacións da vida cotiá (no aseo, comida, orde…); logo coñecerán o noso medio, diferente do entorno familiar, e as persoas que forman parte dese medio: profesoras e amigos. Empezarán a coñecer e a observar novas formas de organización social e algunhas “normas” que lle axudarán a empezar a convivir cos outros e ampliar as súas experiencias.

Por todos estes motivos a etapa de adaptación na escola é o período máis difícil e complicado non só para o neno/a senón tamén para os pais e para nós os profesores/as. O noso labor é facer que este período sexa o máis agradable posible para todos pero sobre todo para o neno/a.

 

Actividades realizadas

Páxinas