Actividades complementarias
Dende o Departamento de Actividades Extraescolares e Complementarias do CPR Plurilingüe San Fermín, organizamos unha serie de eventos ó longo do curso ca fin de completar a formación integral do noso alumnado.
MAGOSTO-SAMAÍN
Neste evento preparamos un concurso de cabazas e diferentes actividades lúdicas; ademais, asamos as castañas, que repartimos entre todo o alumnado.
SEMANA DA CIENCIA
En colaboración co departamento de ciencias, levamos a cabo diferentes eventos nos que mostramos o lado máis divertido, interesante e innovador das diferentes ciencias experimentales e das matemáticas.
FESTIVAL NADAL
Nunhas datas tan importantes para o mundo cristián, celebramos un gran festival onde todo o alumnado participa activamente. Ademais, todos os pais e nais están invitados a acudir a dito evento.
DÍA DA PAZ
Realizamos diferentes actividades relacionadas ca temática da paz. Por exemplo, este ano, construimos paredes con ladrillos cheos de paz, fusionando así, o lema do curso (Máns á obra) co sentir propio deste día.
SAN XEROME
San Xerome Miani é o fundador dos Padres Somascos e, polo tanto, a celebración da súa onomástica é un grande acontecemento no noso centro, senón o máis importante. Empezamos o día desprazándonos á igrexa de Caldas de Reis para, posteriormente, presentar diversas actividades lúdicas onde participa todo o alumnado.
ENTROIDO
A celebración do entroido no CPR San Fermín é unha das festividades que máis gusta a toda a comunidad educativa.
SEMANA DE EUROPA
Organizamos, ca colaboración do Departamento de Linguas Estranxeiras, unha semana repleta de actividades ca fin de promover o uso dos idiomas.
DAFIS
Co obxectivo de inculcar hábitos de vida saludables, participamos no proxecto DAFIS, promovido pola Xunta de Galicia.
LETRAS GALEGAS
Tódolos anos homenaxeamos ós escritores premiados no día das Letras Galegas e promovemos o hábito da lectura diaria.
EXCURSIÓNS DE FIN DE CURSO
Os valores sociais e de convivencia son moi importantes para a formación integral do individuo; por iso organizamos diferentes excursións atractivas para o alumnado.
MAIOS
Dende o noso colexio transmitimos a ilusión de contribuir á cultura propia e co gallo da celebración do día dos Maios, preparamos diferentes construccións que logo amosamos pola vila de Caldas de Reis.
FESTIVAIS DE GRADUACIÓN
Para celebrar os grandes momentos vividos no CPR San Fermín por profesores e alumnos ó longo do ano, realizamos festivais de graduación e obsequiamos ós nosos queridos alumnos cun pequeño agasallo.